Continente María
Sinopse
Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.
Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.
A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos poden ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.
Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa de referentes de liberdade e compromiso.
Entradas
| Data | Localidade | Lugar | Entradas |
|---|
Data Localidade Lugar 3 Mai – 4 Mai 2025 Vigo Sala Ártika 29 Mar 2025 Vimianzo Casa da Cultura 21 Mar 2025 Ferrol Teatro Jofre 17 Feb – 18 Feb 2024 Montevideo Sala Lazaroff 28 Dec 2023 Candás Teatro Prendes 22 Dec 2023 Alcorcón Centro Cívico Viñagrande 21 Dec 2023 Madrid Sala Mirador 20 Dec 2023 Valladolid Teatro Cervantes 1 Nov 2023 Medellín Patio Teatro Claustro San Ignacio 22 Out 2023 Manizales Teatro Los Fundadores 20 Out 2023 Bogotá Teatro Colsubsidio 14 Out 2023 Soria Teatro Palacio de la Audiencia 7 Xuñ – 11 Xuñ 2023 Madrid Naves del Español en Matadero 20 Abr 2023 Pontevedra Teatro Principal 25 Mar 2023 Noia Teatro Coliseo Noela 24 Mar 2023 Ames Casa da Cultura de Bertamiráns 4 Mar 2023 Narón Pazo da Cultura 28 Xan 2023 Cedeira Auditorio Municipal 27 Xan 2023 Carballo Pazo da Cultura 11 Dec 2022 Ourense Teatro Principal 3 Dec 2022 París Instituto Cervantes 26 Nov 2022 Viveiro Teatro Pastor Díaz 11 Nov – 12 Nov 2022 Vigo Auditorio Municipal 5 Nov 2022 Oleiros Auditorio Gabriel García Márquez 28 Out 2022 O Barco de Valdeorras Auditorio Municipal Lauro Olmo 21 Out 2022 Arteixo Auditorio 20 Out 2022 Lugo Auditorio Gustavo Freire 8 Xul 2022 Cangas Auditorio Municipal 19 Mai – 29 Mai 2022 Santiago de Compostela Salón Teatro 16 Mai 2022 A Coruña Teatro Rosalía de Castro
Vídeos
Imaxes
Falan do espectáculo
O amplo rexistro interpretativo de Melania Cruz habitando a súa paisana María Casares é verdadeiramente antolóxico. Tito Asorey soubo extraer o mellor da gran actriz que leva dentro Melania co contrapunto de Vadim Yukhnevich, que transporta a Melania por un montón de estadios emocionais que a actriz vive e transmite con forza e verdade imparables ao patio de butacas.
José-Miguel Vila – Diario Crítico (12-06-2023)
“O traballo de Melania Cruz é espectacular. Rendida á comunicación co espírito da Casares, ofrece tal despregue de talentos que, sen pretender emulala fisicamente, fai que apareza María Casares diante de nós.”
Iván Fernández – Erregueté (12-11-2022)
“Melania (…) transmite-nos verdade. ‘Verdade’ é a palabra. E isto, por desgraça, non é nada habitual de achar no teatro. A diversidade de emoçons transmitida polos seus gestos faciais e corporais é percebida a cada instante polo público, até diría eu que como umha declaraçom de amor.”
Dieh QS – Erregueté (Nº103 1/2022)
“A peza —texto de Marianella Morena, dirección de Tito Asorey— está chea de momentos emocionantes, cunha protagonista capaz de transitar por multitude de rexistros con facilidade asombrosa, entregada ao espectador dun xeito cada vez máis sorprendente, en reviravolta continua cara ás profundidades humanas.”
Diego Ameixeiras – Fugas (03-06-2022)
“Melania Cruz fai de María Casares sen deixar de ser Melania, ‘Continente María’ emociona. Sen dúbida será un dos grandes espectáculos deste ano.”
Ernesto Is – ZigZag Diario (01-06-2022)
“Continente María pareceume unha declaración de amor ao teatro. Unha celebración do que, quizais, a vida ten de máis meritorio e urxente: a acción, a capacidade de decidir, a superación dos medos, a liberdade precisa para decidir e actuar. Nisto Melania Cruz brilla rutilante.”
Afonso Becerra – Artezblai (23-05-2022)
Equipo
- Texto
- Marianella Morena
- Dirección e dramaturxia
- Tito Asorey
- Elenco
- Melania Cruz
Vadim Yukhnevich - Produción executiva
- Xosé A. Touriñán
Tito Asorey
Melania Cruz - Dirección de produción
- Javi Lopa
Álvaro Pérez Becerra - Escenografía
- José Faro “Coti”
- Iluminación
- Laura Iturralde
- Videoproxeccións
- Laura Iturralde
Miriam Rodríguez - Vestiario
- Laura Baena
- Espazo sonoro e Música orixinal
- Vadim Yukhnevich
- Voces en off
- César Goldi
Tito Asorey - Comunicación
- Saúl Rivas
- Fotografía
- Aigi Boga
- Vídeo
- Jairo Iglesias
- Páxina web
- Pilar Mera
- Técnico
- Xacobo Castro
- Produción en xira
- Laura Sixto
- Deseño do cartel e imaxe gráfica
- Lidia Cao
- Administración
- Elisa Martínez e Sofía García
Continente María na prensa
- Melania Cruz: “María Casares é un continente inmenso e inabarcable”
- Entrevista con Tito Asorey y Melania Cruz
- Entrevista con Tito Asorey y Melania Cruz
- Continente María. Cuando actuar es vivir
- En verano, teatro internacional en Montevideo
- Entrevista con Tito Asorey en Más que uno Gijón
- Máis de 3000 persoas gozaron dos cinco espectáculos galegos que viaxaron a Colombia grazas ao acordo da Xunta cos festivais de Manizales e Medellín
- Con presencia internacional comenzó el Festival de Teatro de Comfama
- ‘Continente María’ inaugura a participación galega no Festival de Manizales
- Danza, memoria histórica y música, fueron los protagonistas en el tercer día del Festival de Teatro




















